09 mayo 2006

CONSELLERIA DO MEDIO RURAL.CESIÓN 2007

PREGO DE CONDICIÓNS PARA A CESIÓN DE GANDO DE RAZAS BOVINAS AUTÓCTONAS GALEGAS EN PERIGO DE EXTINCIÓN

1.- RÉXIME XURÍDICO

As actuacións de colaboración entre as dúas partes asinantes do Convenio rexeranse polo disposto en:

a) Artigos 53.1 da Lei 3/1985 de 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galiza e o 125 do seu Regulamento, aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo.
b) Polas cláusulas do Convenio asinado entre a Consellaría do Medio Rural e o cesionario.
c) Polas demáis disposicións legais e regulamentarias de aplicación.

2.- OBXECTO DO CONVENIO

O convenio ó que se refire o presente Prego terá por obxecto o desenvolvemento do Programa de Recuperación e Conservación, en adiante “Programa”, das razas bovinas autóctonas galegas en perigo de extinción, a través da cesión de gando propiedade da Xunta de Galiza a aqueles gandeiros que estén interesados en participar no devandito Programa.

3.- FORMA DE ADXUDICACIÓN

3.1. O convenio adxudicarase ós solicitantes que obteñan unha maior puntuación de acordo co baremo seguinte:

A. Puntuación de 0,10 ptos por cada hectárea adicada a pastoreo que sobrepase o número de hectáreas necesarias para manter unha carga gandeira inferior a 1.4 UGM/ha, ata un máximo de 10 ptos, xustificados documentalmente. Para dita xustificación poderán ser validas as declaracións de superficie, as relacións catastrais a nome do solicitante, e os documentos de cesión e aluguer a favor do solicitante acompañados da relación catastral dos terreos cedidos ou alugados.
Se a explotación solicitante, acredita que se asenta en monte comunal con plan de ordeación aprobado, no que se compatibilice o aproveitamento gandeiro cos demais arproveitamentos do monte, mediante instauración de sistemas silvopastorais que permitan un axeitado control e manexo do gando, outorgaráselle unha puntuación de 0,20 ptos/ha ata un máximo de 20 ptos.

B. Puntuación de 0,50 ptos por animal vivo inscrito nos Libros Xenealóxicos das razas bovinas autóctonas de Galiza en perigo de extinción para explotacións integradas en Asociacións de Criadores de gando bovino autóctono de Galiza en perigo de extinción. Non puntuarán os animais que o gandeiro obtivera grazas a cesións anteriores.

C. Por ganderías de primeira inscripción en Libros Xenealóxicos de razas bovinas autóctonas de Galiza, 3 ptos, entendendo estas como aquelas explotacións que nunca tiveran ningún animal inscrito nos rexistros dos Libros Xenealóxicos das razas bovinas autóctonas de Galiza en perigo de extinción.

D. Explotación que tivera que realizar baleirado sanitario por mor de enfermidades de declaración obrigatoria durante os anos 2002, 2003 e 2004, sempre que non se detectaran casos de positividade individuais posteriores, 5 ptos.

Se os animais sacrificados estiveran inscritos nos Libros Xenealóxicos das razas bovinas autóctonas de Galiza en perigo de extinción obterán unha puntuación adiccional de 0,75 ptos máis por cada animal sacrificado, ata un máximo de 15 ptos.

E. Explotación que tivera que sacrificar exemplares por mor de enfermidades de declaración obrigatoria durante os anos 2002, 2003 e 2004, sempre que non se detectaran casos de positividade individuais posteriores, 1 pto.
Se os animais sacrificados estiveran inscritos nos Libros Xenealóxicos das razas autóctonas de Galiza en perigo de extinción, obterán unha puntuación adiccional de 0,75 ptos. máis por cada animal sacrificado, ata un máximo de 10 ptos.

F. Para solicitantes agricultores a título principal (ATP), cooperativas ou outro tipo de entidades asociativas nas que o 60% ou mais dos seus socios teñan a condición de ATP, 4 ptos.

G. Para solicitantes con idade inferior ós 40 anos........................................................ 2 ptos.

H. Para explotacións con titularidade a nome de mulleres........................................... 2 ptos.

3.2. Será indispensable o informe favorable, previo a cesión, do Servizo Provincial de Gandería correspondente, conforme a que non existe impedimento legal en materia de sanidade e benestar animal animal para a mencionada cesión.

3.3. Será indispensable o informe favorable, previo á cesión, da Dirección do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galiza, conforme á viabilidade da explotación dende o punto de vista da execución do Programa de conservación.

3.4. As ganderías que teñan un censo superior ás 20 vacas (femias maiores de dous anos) inscritas nos Libros Xenealóxicos, soamente se lles baremará a súa solicitude no caso de que xa foran atendidas tódalas ganderías con censos inferiores de vacas inscritas nos Libros Xenealóxicos.

3.5. Co obxeto de promove-la debida publicación, a Consellaría deberá publicar en tres xornais de difusión rexional o correspondente anuncio no que se determinará:

- Obxecto do convenio
- Prazo de solicitude
- Documentación a presentar

Tendo en conta que o número de exemplares destas razas dispostos para a cesión é limitado, e que ó longo do tempo vanse xenerando novos animais destinados á cesión, o listado de solicitudes terá vixencia ata a publicación dun novo Prego.


4.- CAPACIDADE DOS SOLICITANTES

Os solicitantes xustificarán estar ó corrente das súas obrigas tributarias, así como das súas cotizacións á Seguridade Social.


4.1. Presentación de proposicións.

As solicitudes presentaranse dentro do prazo sinalado no anuncio dos xornais ós que fai referencia o punto 3.5 da cláusula anterior.

As solicitudes presentaranse en calquera rexistro dos órganos dependentes da Consellaría do Medio Rural. Asimesmo poderán presentarse nos rexistros de calquera Órgano Administrativo que pertenza á Administración Xeral do Estado, a de calquera Administración das Comunidades Autónomas, ou a algunha das entidades que integran a Administración Local, se neste caso se subscribíu o oportuno convenio, ou por calquer outro medio previsto no artigo 38.4 da Lei 30/92 de 26 de novembro do réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. No caso de envío por correo farase de acordo co regulamentariamente previsto no artigo 31 do Real Decreto 1829/1999, de 3 de decembro polo que se aproba o regulamento polo que se regula a prestación dos servizos postais, no seu desenvolvemento no establecido na Lei 24/1998 do 13 de xullo, do Servizo Postal Universal e de Liberación dos Servizos Postais, presentándose en sobre aberto, co obxecto de que na cabeceira da primeira folla do documento que se queira enviar se faga constar con claridade o nome da oficina e a data, o lugar, a hora, e o minuto da súa admisión.

O devandito sobre deberá conter:

a) Solicitude de cesión de acordo co modelo que figura o anexo I.
b) Documento acreditativo da personalidade do solicitante. No caso de ser unha entidade xurídica debe presentar así mesmo o DNI/NIF do representante legal e o documento acreditativo da devandita representación.
c) Certificación de estar ó corrente coas obrigas tributarias da Administración Estatal, Autonómica e coa Seguridade Social.
d) Fotocopia cotexada da declaración de superficies do ano 2006.
e) Certificado de animais inscritos en Libros Xenealóxicos das razas bovinas autóctonas de Galiza en perigo de extinción na data de solicitude, se é o caso.
f) Certificado de pertencer a unha asocación de criadores das razas bovinas autóctonas de Galiza en perigo de extinción, se é o caso.
g) Informe favorable do Servizo Provincial de Gandería correspondente no que se especificará se é o caso, data de baleiro, animais sacrificados por obxeto das enfermidades de declaración obrigatoria e autorización para a incorporación de animais.
h) Programa de manexo a aplicar para garantir a cría en raza pura.

4.2. Trámite de Audiencia:

a) Instruídos os procedementos, e inmediatamente antes de redactar a proposta de resolución, poranse de manifesto ós interesados ou, no seu caso, ós seus representantes, salvo que afecte ás informacións e datos a que se refire o artigo 37.5 da Lei 30/1992 de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
b) Os interesados, no prazo de 10 días contados a partires da recepción da comunicación anterior, poderán alegar e presentar os documentos e xustificacións que estimen pertinentes.
c) Se antes do vencemento do prazo, os interesados manifestan a súa decisión de non efectuar alegacións, nin aportar novos documentos ou xustificacións terase por realizado o trámite.
d) Poderase prescindir do trámite de audiencia cando non figuren no procedemento nin se tiveran en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións e probas cas aducidas polo interesado.

5.- OUTORGAMENTO DA CESIÓN

Dentro dos trinta días seguintes á adxudicación procederase polo Conselleiro do Medio Rural dunha parte, e o cesionario ou o seu lexítimo representante debidamente apoderado ó efecto, da outra, á formalización do correspondente convenio, sendo ó cargo deste último tódolos gastos que puideran derivarse da formalización do devandito convenio.

A medida que se teñan novos exemplares destas razas para a cesión, iranse adxudicando, por orde descendente de puntuación, a partires do listado de solicitudes aínda non concedidas.

6.- DEREITOS E OBRIGAS DAS PARTES

6.1.O colaborador cumprirá estrictamente instruccións dictadas polo persoal técnico dependente dos Servizos Veterinarios do Programa.

6.2.Os animais entregados non poderán ser obxecto de cesión por parte do colaborador; non obstante, cando razóns hixiénico-sanitarias ou de manexo o aconsellen, os Servizos Veterinarios responsables do Programa, poderán autoriza-lo traslado dos animais a outra explotación, previa inspección da mesma.

6.3.Proporcionarase ós animais entregados as condicións hixiénico-sanitarias, de alimentación e de manexo fixadas polos Servizos Veterinarios responsables do Programa.

6.4.Co obxecto de controla-la reproducción derivada dos animais cedidos, o colaborador comprométese a:

Ø Inscribi-los animais descendentes de raza pura, nos rexistros correspondentes dos respectivos Libros Xenealóxicos, notificándollo ó Centro de Recursos Zooxenéticos de Galiza, sito no Pazo de Fontefiz (Ourense), nun prazo de 15 días contados a partir do seu nacemento.
Ø Levar a cabo a reproducción utilizando o seme ou o semental elixido polos Servizos Veterinarios do Programa.
Ø Facilitar ós Servizos Veterinarios do Programa o acceso á explotación, así como cantos datos precisen para o estudo e enxuizamento dos animais entregados e os seus descendentes.
Ø Permitir un control anual da explotación.

6.5.Cando os animais cedidos non reúnan as condicións necesarias para a reproducción, o colaborador comunicarallo ós Servizos Veterinarios responsables do Programa, que decidirán o seu destino.

6.6.O colaborador terá dereito a percibir tódolos froitos naturais derivados do animal. Ós efectos da cesión consideraranse froitos naturais derivados do animal, tódolos productos nados dos animais cedidos, incluso aqueles que van xestándose no momento da cesión así como os menores de seis meses que acompañan á súa nai cando esta se cede.

6.7.No periodo de vixencia do convenio e como contribución do gandeiro ó Programa, este deberá devolver, si se considerase necesario para o Programa, un animal producto dos cedidos, femia ou macho, por cada exemplar cedido, elexidos polos Servizos Veterinarios responsables do Programa, de entre tódolos exemplares da raza presentes na explotación pertencente ó gandeiro, puidendo ser incluso, por razóns técnicas específicas do Programa, algún dos propios exemplares cedidos. Para isto, o gandeiro colaborador poñerá a disposición da Consellaría do Medio Rural cada un dos animais nados, e esta decidirá os que son aptos para o Programa.

O compromiso do gandeiro, ó que se refire o punto 6.7, remata coa devolución, por cada animal cedido, dun exemplar, femia ou macho, considerado apto.

Unha vez cumpridas as obrigas por parte do gandeiro durante o periodo de duración do convenio ó que se fai referencia na cláusula séptima, os animais pasarán a ser da súa propiedade.

Non obstante ó punto anterior, tódolos animais nados como producto dos cedidos, deberán ser ofertados en venda á Consellaría de Medio Rural que decidirá ó respecto.


7.- DURACIÓN DO CONVENIO

Os compromisos adquiridos ó abeiro do convenio que se asine serán por un periodo de dez anos.


8.- RESCISIÓN DO CONVENIO

O incumprimento dalgunha das cláusulas do convenio será causa suficiente para a súa rescisión, sen que o colaborador teña dereito a compensación económica algunha.


9.- PRERROGATIVAS DA ADMINISTRACIÓN E XURISDICCIÓN COMPETENTE

A Consellaría obstenta a prerrogativa de interpreta-lo contrato.

O convenio que regula este Prego de Cláusulas Administrativas someterase ó disposto pola xu risdicción contencioso-administrativa para coñecer das cuestións litixiosas xurídicas sobre a interpretación, modificación, resolución e efectos do contrato.

Santiago de Compostela, ................... de ................................. de 2006.


O director xeral de Produción, Industrias
e Calidade Agroalimentaria





Antonio Oca Fernández